miércoles, 28 de enero de 2015

MAXIA, IN ENGLISH!!!

ABRACADABRA en versión inglesa... Hoxe ganamos o noso carné de MAGOS. Ollade o video e veredes como facemos aparecer e desaparecer un dedo como si nada! Todo gracias á Teacher Rosa!



viernes, 23 de enero de 2015

HORA DE XOGAR!!

A volta das vacacións de Nadal, estreamos uns colares que temos que poñer cando é a hora de xogo na aula. Hai que escoller o xogo, poñer o colar (si esta libre, pois hai algúns moi solicitados) e ¡ a xogar!

Cando remato, recollo e podo cambiar de colar e de xogo. Veredes nestas fotos que ben o pasamos!!
GARAXE

PLASTILINA

PUZZLES

PINTURA

ORDENADOR

DEBUXO

CONSTRUCCIONS

ANIMAIS

CASA E DISFRACES

COCIÑA

COCIÑA

martes, 20 de enero de 2015

VISITA Á BIBLIOTECA

Hoxe fomos de visita á biblioteca Gonzalez Garcés, xa é a nosa segunda saída. Que ben o pasamos e sobre todo ¡que ben nos portamos!

No autobús íamos vendo os semáfortos, os sinais, as árbores...xogando a"Vexo, vexo"

Menos mal que non chovia, todo o mundo quedaba mirando para nos, o ben que íamos!


Entrando na sá infantil, que sorpresas nos esperarán?

Elena, a bibliotecaria contounos varios contos, escoitamolos moi, moi atentos

Os sofás eran tan cómodos, que algún, ¡quedou durmido!

Despois vimos contos, escollimos os que mais nos gustaron e co carnet de Lourdes os levamos para o cole!


Ata outro día!

miércoles, 14 de enero de 2015

INVESTIGANDO... ¡NA RUA!

Hai un par de dias, vimos uns señores subidos nunha grua pola fiestra do colexio. Facían moito ruido co taladro! Que estarían a facer?

Hoxe saimos a rúa para ver o que fixeran,¡ é unha pancarta xigante, con números e letras!













ESTABA ALTIIIIIISIMA! 



Xa na clase, a profe dixonos que anunciaba o aniversario do colexio, ¡vai cumplir 100 anos!
Contamos 100 rotuladores, como se fosen as velas, son moitisimos! 
Nas vindeiras semanas seguiremos investigando sobre o tema, pronto vos diremos como podedes axudar

lunes, 12 de enero de 2015

VIDEO ACTUACIÓN

¡ Aqui tedes o video da nosa primeira actuación escolar! A panxoliña "Xa me tardan estes reis" de Mamá Cabra. Acompañados da aula de 2º de primaria, ¡que artistas! (O video é de "aficionados", asi que perdoade a calidade da grabación)

Por certo, xa configuramos para que poidades deixar comentarios.


domingo, 11 de enero de 2015

FESTA DE NADAL

Comezamos o ano deixándovos unha reportaxe sobre a festa de nadal, con fotos das distintas actuacións

¡¡FELIZ ANO NOVO!!