martes, 28 de abril de 2015

EXPERIMENTO

Para vivenciar a "primavera" dentro da aula, decicimos experimentar cunhas lentellas.

Deixamolas nun vaso, con algodón humedo, regámolas , pasaron uns dias e... TACHAN!!






Moi pronto levarémolas para casa para que sigades coidandoas e as plantedes en terra se queredes!

GRACIAS FAMILIAS!!

O pasado venres, para conmemorar o DIA DO LIBRO, un grupo de pais e nais regalaronnos una sesión de titeres na biblioteca do colexio. Foi entrañable, divertido, didactico... GRACIASSSSS!!!




Aproveito para darvos tamén as grazas a todos os que estades viñendo á aula a contarnos un conto. Estamos felices de recibirvos! Xa vos faremos a vosa reportaxe ao final do trimestre!!

miércoles, 22 de abril de 2015

OBRADOIRO DE PAN

PANADEIROS POR UN DIA!!!

Probachedes as barras que levamos a casa? Pois agora podedes ver como as fixemos:

Preparados para cociñar!!


Que forno tan vistoso!!

Botamos sal e levadura á fariña

Removemos os ingredientes

Engadimos auga

Amasamos por quendas

Máis fariña!!

Amasamos o noso pan

Barras listas para o forno!!

Agora, imos ao recreo mentras se cocen

Que ben ulen!!

Envolvemolas para levar a casa
Tamén aprendimos unha canción:

PAN, PAN, PAN  PANADEIRAS
PAN, PAN PAN, PANADEIROS
Con fariña, auga e sal
comezamos a amasar
ben feitiños quedarán
os moletiños de pan
PAN , PAN, PAN PANADEIROS
PAN, PAN PAN, PANADEIRAS

Pedidelle que vola canten!!!!

viernes, 17 de abril de 2015

QUÉ SERÁ?

Dende hai uns días apareceron no patio verde, unhas cousas moi raras...



QUE SERÁN? (Preguntamos despois de observar e pensar):

- "Una puerta"
- "Una caja"
- "Una mesa"
- "Es de madera"
- "Un armario"
- "Parece un sofá"
- "Un túnel"
- "Es para esconderse"...

PRONTO LO DESCUBRIREMOS...

RECICLAMOS

Na aula temos unha caixa de cartón, chamase Basurina. Todos os días botamos nela os papeis e cartóns que xa non sirven. Cando está chea, como hoxe, levámola ao contenedor de papel do colexio, e así axudamos a coidar o medio ambiente. E na casa? Tamén o facedes?

Por certo, tamén gardamos chapas, para xogar no patio con elas nun circuito que temos pintado. Podedes traer da casa, que perdemos moitas!

E tapóns de plástico!!!





FOTO DE GRUPO

Asi de formais posamos hoxe para o fotografo da ANPA do colexio. Mesmo parece que somos alumnos de hai 100 anos!!


miércoles, 15 de abril de 2015

PRIMAVERA

Hoxe fomos OBSERVAR o patio do cole, buscando "a primavera". Previamente, entre todos, dixemos todas aquelas cousas que íamos buscar, relacionadas coa primavera, ¡sabiamos unha chea delas!: flores, bolboretas, moscas, caracois, avespas, follas...

Aqui vos deixamos fotos de todo o que atopamos. Que distinto a cando exploramos no outono!



Nas pedras hai un caracol!!!





martes, 14 de abril de 2015

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Hoxe, na biblioteca tivemos unha sorpresa! Iago, o contacontos veu contarnos unha interesante historia: "AUGUSTA E OS SEUS MEDOS". Escoitamola, moi, moi atentos, xunto cos compañeiros de 4 e 5 anos. Pasamolo moi ben, e aprendimos que para non ter medos, o mellor e enfrentarse a eles!




sábado, 11 de abril de 2015

SESIÓN DE BITS DE INTELIXENCIA



Nos chamamoslle "ver as fotos". É unha actividade que nos gusta moito porque é como abrir unha ventá ao  mundo. Case todos os días dedicamos 5 minutos a ver "as fotos", que cambiamos cada 5/7 días. Os temas son moi variados: animais, árbores, instrumentos musicais, arquitectura, pintura, medios de transporte, etc,etc.As fotos desta semana eran de FLORES (¡porque empezou á primavera!) e de CIUDADES DO MUNDO.                           

CIRCULOS DE KANDINSKY


A semán pasada, convertímonos en pintores.
Primeiro observamos a lámina co cuadro orixinal de Kandinsky. 

Cantas cores e círculos!!

Decidimos probar cómo nos sairía a nos...

Ollade as fotos e veredes o proceso e o resultado.

Nós quedamos moi satisfeitos!!!