Contámosvos algunhas das cousas que fixemos esta primeira semana de outubro:
- Xa temos as nosas perchas e toallas para secar as mans. Canto papel aforramos!! Lembrade traelas todos os luns:
- Recibimos a visita dunhas estudantes da universidade (Ciencias da educación). Están facendo unha investigación sobre resolución de conflitos, e viñeron falar con nos sobre ese tema, recolleron debuxos deles...
- Celebramos o aniversario de Carolina, e debuxamos a sua silueta, despois coloreamola e levouna de agasallo. Traballamos as partes do corpo, a observacion da sua fisonomía, da roupa, etc...
- O venres fomos á un espazo que nos encanta, ao lado do ximnasio a facer psicomotricidade. Como hai que subir catro pisos, esta vez subimos no ascensor como Iago. Que aventura, e que traballo: sacar mandilóns, zapatos...!