Hoxe foi un dia de festival, de panxoliñas, de despedidas, de ilusión!!! Grazas por acompañarnos esta mañán, canto publico!!!
Aqui vos deixamos os videos das nosas actuacións no festival e algunha foto de outras actuacions.
Continuará... no 2017!!!
Xa para rematar, se entrades na paxina web do colexio http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplabaca/ poderedes disfrutar a especial felicitacion deste ano
Un ano máis, a editorial Anaya convidounos a unha sesión de animación a lectura. Nesta ocasión, o musico Hector Lorenzo actuou para nós na biblioteca, presentando o libro:
No seguinte video podedes comprobar que ben o pasamos!
Como sabedes, levamos varias semanas percorrendo o mundo... Descubrimos paisaxes, costumes, musica, razas e poidemos apreciar o valor da diversidade! Todo elo quedou recollido no "Gran libro do mundo" feito por vos e que agora irá por todas as casas. Grazas como sempre, por axudarnos dia a dia a facer a escola máis rica! Agora vos deixamos algunhas fotos que recollen algunhas das actividades que realizamos:
Hoxe imos deixarvos un video de exercicios de estimulación oral, que as veces facemos na aula e que lles encantan. Tratase de facer o mesmo que fai o mono que aparece no video.
Como sabedes, levamos xa dous meses estudando os dinosaurios. Cando comezamos o tema, elaboramos, entre todos, un listado de cousas que queriamos saber sobre eles. Dividimonos en equipos de investigacion para poder contestar a todos eses interrogantes: como son, que comen, como morreron...
Unha vez que tiñamos todolos datos, e convertidos en expertos sobre o tema decidimos INVITAR A AULA DE TRES ANOS para contarlles todo o que sabemos. Preparamos entradas, invitacion, uns fixeron de porteiros e acomodadores, outros presentadores e os demais conferenciantes!!. No video poderedes ver o resultado do noso traballo. Esperamos que vos guste!
O xoves pasado realizamos a nosa primeira saída deste curso. Visitamos a expòsición GALICIA 100, na sede de Afundación. A través dela, descubrimos obxectos e historias propias da nosa terra: Galicia.
PREPARADOS PARA ENTRAR
O edificio é impresionante, tan alto e de cristal! Laura, a nosa guía, contounos que o arquitecto quiso darlle forma dunha onda xigante.
O ascensor de cristal tamén impresiona moito!
A NOSA BANDEIRA!!
Os instrumentos galegos: gaita, pandeireta, cunchas...
As pedras dos muiños, para facer fariña...
No taller escollemos os nosos simbolos galegos preferidos e os pegamos no mapa
Grazas a esta exposición, sabemos máis cousas da cultura e historia da nosa terra!