martes, 21 de junio de 2016

REVISTA FIN DE CURSO

Chegou o verán!!!  E con él o final de curso...

Sempre, nestas datas publicamos a revista do centro, onde amosamos algunhas das actividades escolares. Se pinchades no enlace poderedes visualizala

REVISTA ESCOLAR LABACA

Aproveito a ocasión para despedirme de todos vos ata setembro, gozade do verán!

Moitas grazas por este curso tan estupendo, Lourdes

domingo, 12 de junio de 2016

TEATRO

O pasado venres, tdas as aulas do cole citámonos no ximnasio para ver a obra de teatro Maria, la Casifea, interpretada polos maiores do centro. Gustounos moito pois aparecían personaxes dos nosos contos favoritos: os 3 porquiños, carapuchiña e o lobo, Peter Pan, Mary Poppins...


viernes, 10 de junio de 2016

MUNCYT

Dentro do proxecto dedicado aos INVENTOS, decidimos visitar o Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía. Foi XENIAL!!!!!!!!
Na entrada recibiunos Elba, a nosa guía

Non hai paredes!!!!Lastima que non nos deixaban tocar tantas cadeas...

Un robot que fala, e mesmo sabe que somos de Labaca!!

Nun so ascensor cabemos todos!!!

No taller, fabricando a nosa propia nave

Que concentrados!!

Super lanzamento!!!

Un avión de verdade!!!

Cando despegamos?

Un refresco, por favor!!

Impresionante cabina!!!!

Pero si as rodas son mais grandes ca nos!!

Que vertigo cando pasamos polas escaleiras e rampas de cristal!!!
Se queredes pasar un bo rato cos vosos fillos, non dubidedes en visitar de novo o museo, hai moitas cousas que non vimos! E talleres para toda a familia os fins de semana.