Hoxe imos deixarvos un video de exercicios de estimulación oral, que as veces facemos na aula e que lles encantan. Tratase de facer o mesmo que fai o mono que aparece no video.
Como sabedes, levamos xa dous meses estudando os dinosaurios. Cando comezamos o tema, elaboramos, entre todos, un listado de cousas que queriamos saber sobre eles. Dividimonos en equipos de investigacion para poder contestar a todos eses interrogantes: como son, que comen, como morreron...
Unha vez que tiñamos todolos datos, e convertidos en expertos sobre o tema decidimos INVITAR A AULA DE TRES ANOS para contarlles todo o que sabemos. Preparamos entradas, invitacion, uns fixeron de porteiros e acomodadores, outros presentadores e os demais conferenciantes!!. No video poderedes ver o resultado do noso traballo. Esperamos que vos guste!