martes, 13 de junio de 2017

EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXO

Por fin chegou o día, que ilusión pasar todo o día xuntos!!! E que mágoa que xa é a ultima...

Todo saiu moi ben, pasamolo xenial e aqui tedes unha reportaxe  especial:



Nada mais chegar ali, tomamos un pequeno almorzo para coller forzas!














Despois comezou a visita aos animais, fomos parando diante de cada especie e Rafa e Nuria, os nosos monitores ían contandonos moitas curiosidades sobre eles. A ver si as recordan...


















Tivemos a grande sorte de que xusto ese día esquilaron ás ovellas. So o fan unha vez ao ano e normalmente en fin de semana, pero de casualidade, coincidiu o luns!!! Foi moi interesante ver como collían as ovellas, as agarraban e "afeitaban"

Despois da visita, fomos ao obradoiro de reciclaxe, onde fixemos a tartaruga que levamos a casa:


Que fame!!! Hora de xantar!!!



Despois de xogar un anaco no parque, a facer o queixo!


E como remate final, de ruta polo bosque ata o muiño!




Agora entendedes por que chegamos tan cansos, verdade??

E que ben que non faltou ninguén de nenos nin de profes!

domingo, 11 de junio de 2017

TEATRO NO XIMNASIO

O venres, os alumnos da clase de 6º de primaria invitaronnos á representación da obra: " Verdemar, Blancaflor e a historia do dragón".

Todo o colexio quedamos impresionados coa calidade dos actores, guión, vestuario, decorados, musica... Parabéns!!




martes, 6 de junio de 2017

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA

Dende hai uns días o patio verde acolle unha preciosa exposición fotográfica realizada pola aula de 6º de primaria.

O luns pasado, tres alumnos fixeron de guías e moi amablemente, explicaronnos o seu traballo, mostrando fotos do barrio, dos seus avos e das tendas perto do colexio. Encantounos, parabéns!!




    


viernes, 26 de mayo de 2017

XARDÍNS DE MENDEZ NUÑEZ: UN MUSEO NA RÚA

Como sabedes, o mercores pasado saímos á rúa a observar e descubrir esculturas, edificios... Aprendemos un montón:



Compartimos autobús e saída con outro colexio da cidade.

Ao chegar, coñecíamos a moitas das monitoras, pois traballan no noso cole no comedor e actividades da tarde!

Dividímonos en grupos de 12/13 e empezou a actividade!

Tivemos un día espléndido para pasear!!


Sabiades que esta escultura "Los libreros" e a primeira dedicada aos libros en todo o mundo?

Esta é de Curros Enriquez e fala das dificiles condicións de vida dos galegos tempo atrás

A monitora mostra fotos e nós temos que adiviñar si o que mostran está ou non perto de nós. Acertamos todas!!

No palco da música fixemos unha orquestra con distintos instrumentos. Tocamos cancións, seguimos distintos ritmos...

Pasamolo xenial, e portámonos moi, moi ben!.

miércoles, 24 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS

Como as "celebrities", este ano posamos nun "Photo Call" adicado aos escritores homenaxeados no Día das Letras Galegas. Saimos ben, non si?


lunes, 22 de mayo de 2017

BARCOS

Hai uns días visitounos Iria, a nai de Carolina, traia algo moi especial:



Un barco de pesca feito polo seu bisavó!!!

Era unha replica do barco donde el faenaba na pesca...

Que maravilla!!





Logo mostrounos as fotos doutros barcos donde tamén traballou o seu bisavó, botando carbón nas máquinas. Eran os barcos que transportaban pasaxeiros na ría de Vigo. A través das fotos poidemos ver como eses barcos foron modernizándose:









Moitas grazas, coa tua visita aprendemos distintos usos e tipos de barcos!!


martes, 16 de mayo de 2017

SALVAMENTO MARÍTIMO

Grazas ás nais de Valentina, a semana pasada tivemos a sorte de recibir na clase a un piloto que traballa en Salvamento Marítimo. Chámase Chete, e aprendimos un montón de cousas con él!


A través de fotos e videos descubrimos como os transportes (helicpteros, avións e barcos) tamén sirven para salvar vidas













Tamén nos dixo o importante que é levar chaleco salvavidas, ter precaución na rúa, levar cinto no coche...

Non nos cansamos de escoitalo e preguntarlle cousas





Como remate final, deixounos poñer o seu casco con radio e a sua chaqueta: pilotos por un día!



Moitas grazas, Chete!!

jueves, 11 de mayo de 2017

SAIDA POLO BARRIO


Dentro do taller de educación vial, realizamos unha saída polo barrio para practicar as normas e identificar os perigos, coa axuda da policía.

Unhas semanas despois, lembramos perfectamente o que aprendimos:

- "Siempre hay que cruzar con un mayor, y mirar a los lados 3 veces!!"
- "Si se te escapa la gorra, o la pelota a la carretera NO hay que ir a buscarla"
- "Si pasas delante de un garaje, mira bien antes de pasar"
- "Si te has perdido: quedate quieto donde estás, mira a ver si hay un policia cerca o pide ayuda a un mayor"

E por ultimo, unha adiviña: "Qué manda más un semáforo, una señal o un policia?"






domingo, 7 de mayo de 2017

TALLER DE EDUCACION VIAL

Dentro do proxecto dos transportes, a policia local veu ao noso colexio a impartir unha charla sobre educación vial. Foi unha sesión conxunta coa clase de 4 anos




CONCERTO NO PALACIO DA OPERA

Xa de volta, poñemonos ao dia coas últimas actividades destas pasadas semanas.

Asi, deixamosvos unha reportaxe do concerto do grupo Arco Iris, no Palacio da Opera, onde descubrimos o poder da música para transmitir emocións: medo, alegria, amor, tristeza...