martes, 13 de junio de 2017

EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXO

Por fin chegou o día, que ilusión pasar todo o día xuntos!!! E que mágoa que xa é a ultima...

Todo saiu moi ben, pasamolo xenial e aqui tedes unha reportaxe  especial:



Nada mais chegar ali, tomamos un pequeno almorzo para coller forzas!














Despois comezou a visita aos animais, fomos parando diante de cada especie e Rafa e Nuria, os nosos monitores ían contandonos moitas curiosidades sobre eles. A ver si as recordan...


















Tivemos a grande sorte de que xusto ese día esquilaron ás ovellas. So o fan unha vez ao ano e normalmente en fin de semana, pero de casualidade, coincidiu o luns!!! Foi moi interesante ver como collían as ovellas, as agarraban e "afeitaban"

Despois da visita, fomos ao obradoiro de reciclaxe, onde fixemos a tartaruga que levamos a casa:


Que fame!!! Hora de xantar!!!



Despois de xogar un anaco no parque, a facer o queixo!


E como remate final, de ruta polo bosque ata o muiño!




Agora entendedes por que chegamos tan cansos, verdade??

E que ben que non faltou ninguén de nenos nin de profes!

domingo, 11 de junio de 2017

TEATRO NO XIMNASIO

O venres, os alumnos da clase de 6º de primaria invitaronnos á representación da obra: " Verdemar, Blancaflor e a historia do dragón".

Todo o colexio quedamos impresionados coa calidade dos actores, guión, vestuario, decorados, musica... Parabéns!!




martes, 6 de junio de 2017

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA

Dende hai uns días o patio verde acolle unha preciosa exposición fotográfica realizada pola aula de 6º de primaria.

O luns pasado, tres alumnos fixeron de guías e moi amablemente, explicaronnos o seu traballo, mostrando fotos do barrio, dos seus avos e das tendas perto do colexio. Encantounos, parabéns!!