Temos un video mais sobre o entroido deste curso, e que ben poderiamos titular "Un día hai 100 anos", esperamos que vos guste... Pinchade sobre o enlace para velo.
https://www.youtube.com/watch?v=8ciycngHjGw
viernes, 20 de febrero de 2015
NA PISTA
Aproveitando que este xoves ¡¡¡¡non chovia!!! poidemos ir xogar á pista de deportes que temos no colexio. Fixemos carreiras, lanzamos penaltis (o que marcaba quedaba de porteiro), aprendimos para que son as liñas brancas e as reseguimos... Se algún dia deixa de chover, ¡volveremos!
sábado, 14 de febrero de 2015
viernes, 13 de febrero de 2015
martes, 10 de febrero de 2015
A MARIOLA
Hoxe tivemos VISITA!!! A nai de Valentina ven mostrarnos como xogar á Mariola. Esperámola na aula, onde nos presentamos, e despois no patio verde, estivemos atentisimos mentras pintaba no chan e nos explicaba ela, e logo, ¡A XOGAR! Era un pouco dificil para nós, pero pasámolo moi ben! Grazas, Bea, e aos demáis: ¡ANIMADEVOS A VIR!
jueves, 5 de febrero de 2015
XOGOS DE ANTES
Como sabedes, estamos a "investigar" sobre os xogos de hai 100 anos, co galo do CENTENARIO do noso colexio. Grazas á vosa axuda, estamos a descubrir moitos xogos e moi divertidos. Asi que hoxe, subimos ao "Tatami" unha sá ao lado do ximnasio, chea de colchonetas e un gran espello, onde o pasamos moi ben.
Hoxe dividimonos en tres grupos:
- Uns xogaban ás chapas nun circuito que nos fixo unha mami
- Outros saltaban a corda
- E outros xogaban con pelotas feitas con xornais, ¡como os de antes, que non tiñan plástico!
Ademais practicamos a autonomia, pois sacamos nós sós os botóns do mandilón e os zapatos!!!

martes, 3 de febrero de 2015
FEBREIRO, CHEGA O ENTROIDO!!
Xa está aqui o Entroido! Na aula temos un novo baúl cheo de complementos de disfraces, que ben o pasamos probándoos!
domingo, 1 de febrero de 2015
DIA DA PAZ
Este venres, 30 de Xaneiro celebramos o dia da paz. Durante os dias previos falamos sobre qué é a paz, cantamos cancións sobre o tema e pintamos a silueta do cole con mensaxes de paz para adornar o patio de infantil.
O venres tivemos unha sorpresa moi especial, viñeron alguns mensaxeiros "en son de paz" da aula de 1º de primaria. Viñan invitarnos a un concerto na sua clase! Yuhuuu!!
Que ritmo, e qué orixinais instrumentos! ENCANTOUNOS!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)