Como sabedes, estamos a "investigar" sobre os xogos de hai 100 anos, co galo do CENTENARIO do noso colexio. Grazas á vosa axuda, estamos a descubrir moitos xogos e moi divertidos. Asi que hoxe, subimos ao "Tatami" unha sá ao lado do ximnasio, chea de colchonetas e un gran espello, onde o pasamos moi ben.
Hoxe dividimonos en tres grupos:
- Uns xogaban ás chapas nun circuito que nos fixo unha mami
- Outros saltaban a corda
- E outros xogaban con pelotas feitas con xornais, ¡como os de antes, que non tiñan plástico!
Ademais practicamos a autonomia, pois sacamos nós sós os botóns do mandilón e os zapatos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario