Xa de volta das vacacións de Semana Santa seguimos a recibir as emocionantes visitas das familias.
O martes veu o pai de Jon, Iván que é aparellador (que nome tan dificil!). Explicounos como se construen carreteiras, as máquinas que empregan, as normas de seguridade, vimos fotos e videos de todo o proceso e tamén trouxo conos, balizas e cascos para todos!!!!!
O mércores recibimos ao avó de Roi, que é marino. Cantas aventuras, cantos paises e mares visitou!! Falounos dos seus amigos os golfiños, dun perigoso tiburón, do seu amigo o rei Gaspar que vivia nunha illa moi lonxana e dun tesouro que lle regalou: un cofre cheo de moedas! Ollade as fotos e veredes canto disfrutamos coa sua visita...
Moitiiiiiiiisimas grazas a eles dous e a todos vos pola vosa colaboración. Foron unhas visitas fantásticas...
Para os que queirades vir, podedes apuntarvos nesta primeira semana de abril, pois xa estamos comezando novo tema. Ata pronto
No hay comentarios:
Publicar un comentario