martes, 31 de mayo de 2016

VISITA Á AFUNDACIÓN

A semana pasada fomos visitar o museo de Afundación. Aprendimos moitas cousas e felicitaronnos polo ben que nos portamos e todo o que participamos. Aqui vai a nosa reportaxe gráfica:

Aqui estamos na entrada, cegados polo sol primaveral!!

Recibiunos Paula, a nosa guía, e "Pincel", que está un pouco triste porque só ten 4 pelos...

Como mola o ascensor de cristal!!!!

Sabiades que esa pequena escultura é un home? Nos descubrímolo coa axuda de Paula

Aqui está Picasso, que é un caso, e ten unha forma moi particular de pintar...

A Angel tocoulle facer de Miró, e escoller cores ben alegres!

Todos queriamos falar sobre o cuadro de Kandinsky!!

Despois de tanto observar, chegou o momento de pintar nós tamén

E asi quedou o noso mural, que levamos ao cole    
Se ides con eles ao museo, poderán contarvos "in situ" todo o que aprendimos!

miércoles, 25 de mayo de 2016

R2D2

Impresionante!!! Eduardo, un alumno de 16 anos dun instituto da Coruña fabricou unha perfecta réplica do famoso robot R2D2 con materiais reciclados


A semana pasada veu ao colexio a mostrarnos como o fixo: o motor era dunha aspiradora vella, a armazon de paos de fregona, a cabeza é a metade dunha farola...


Movíase, tiña luces e falaba!!!!

Quedamos impresionados, e moi animados a seguir estudando os inventos e experimentos.

Pronto mostraremosvos algunhas das experiencias que estamos a facer na aula...

Grazas, Eduardo!

domingo, 22 de mayo de 2016

VISITA

A semana pasada recibimos a visita do tio de Paula e Carolina, que é enseñeiro forestal.


Explicounos aspectos do seu traballo: coidar as plantas e árbores, criar especies , axudar a apagar os
incendios...











Quén sabe para que sirven as árbores?
Todos sabemos un montón sobre árbores, pero él mostrounos aínda mais cousas que non sabíamos: como limpan o aire, alguns dos froitos que nos dan, mesmo o pegamento faise coa resina dalgunhas árbores!!










Para finalizar, mostrounos o seu traxe de bombeiro, e todos probamos a máscara...

E deixounos un agasallo moi especial: un grosellero, que plantamos nunha maceta, e cando medre un pouco plantaremolo no patio do colexio.

Moitas grazas!!!

viernes, 20 de mayo de 2016

ENCONTRO LETRAS GALEGAS

Esta mañá celebramos a Festa das Letras Galegas, na que cantamos e bailamos poesías de Manuel María. Aqui podedes ver a actuación conxunta das aulas de infantil (A roda) e un fragmento da aula de 5º de primaria (A vaca).





jueves, 12 de mayo de 2016

ILUSTRANDO A MANUEL MARIA

Seguimos realizando actividades en torno ás Letras Galegas. Nesta ocasión deixamosvos o enlace para acceder a un libro confeccionado por todos os alumnos do colexio, no que ilustramos poesias de Manuel María. Seguro que vos encanta!

ilustrando a Manuel María

martes, 10 de mayo de 2016

OS INVENTOS

Unha vez rematada a temática das plantas, coa nosa pequena horta






















Comezamos o último proxecto do curso: OS INVENTOS. Para introducir o tema viñeron visitarnos os papás de André, que nos fixeron toda unha demostración de pequenos inventos/experimentos.

André fabrica un pequeno motor eléctrico, empregando un imán, unha pila e un cable de cobre

Mesmo fabricaron un can que anda só

Experimentamos con imáns , como se atraen e repelen

Construiron un levitron, por uns segundos a peonza xiraba soa polo aire!!!!!

Encantounos!!!! Nas proximas semanas coñeceremos algúns dos grandes inventos da humanidade e seguiremos a experimentar na aula...
Moitas grazas a Sonia e Alberto.

sábado, 7 de mayo de 2016

SONS GALEGOS



O dia das Letras Galegas xa está próximo, e no colexio comezamos a celebralo. O pasado xoves recibimos a visita dun papá que é profesor de música e fixonos unha demostración maravillosa coa gaita e outros instrumentos de percusión. A clase de 1º de primaria e as 3 aulas de infantil gozamos deste maravilloso concerto. Grazas papi!!





Acabamos a sesión bailando todos xuntos unha muñeira




jueves, 5 de mayo de 2016

COW PARADE en Labaca

Unha mañá, apareceron no colexio unha morea de vacas, tan bonitas como esta...

Quen? Como? Por qué?...

Antonte, un grupo de alumnos de 5º de primaria, por fin, explicaronnos todo o misterio...

A Cow Parade chegou a Labaca.

A imitación do que acontece en grandes cidades do mundo, donde artistas locais pintan vacas con temas e diseños da cultura local ou nacional, asi fixeron os nosos compañeiros


 Aqui están explicandonos todo isto.

Nesa primeira vaca, feita con mosaico, imitaron o estilo de Gaudí.

Nesta outra, situaron no mapa de España, a algúns dos nosos escritores ilustres da cultura galega.

Mesmo o rabo da vaca luce as cores da nosa bandeira

Inspirados no famoso cuadro de Van Gogh, os Xirasois, aqui os nosos artistas empregaron o millo, o noso cultivo estrela.


Esta non precisa explicación, verdade?


 O skyline coruñes, cos nosos edificios mais representativos. As patas da vaca  lembran o noso mar...



A que son uns verdadeiros ARTISTAS?