A semana pasada fomos visitar o museo de Afundación. Aprendimos moitas cousas e felicitaronnos polo ben que nos portamos e todo o que participamos. Aqui vai a nosa reportaxe gráfica:
 |
Aqui estamos na entrada, cegados polo sol primaveral!! |
 |
Recibiunos Paula, a nosa guía, e "Pincel", que está un pouco triste porque só ten 4 pelos... |
 |
Como mola o ascensor de cristal!!!! |
 |
Sabiades que esa pequena escultura é un home? Nos descubrímolo coa axuda de Paula |
 |
Aqui está Picasso, que é un caso, e ten unha forma moi particular de pintar... |
 |
A Angel tocoulle facer de Miró, e escoller cores ben alegres! |
 |
Todos queriamos falar sobre o cuadro de Kandinsky!! |
 |
Despois de tanto observar, chegou o momento de pintar nós tamén |
 |
E asi quedou o noso mural, que levamos ao cole | | | | |
Se ides con eles ao museo, poderán contarvos "in situ" todo o que aprendimos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario