domingo, 22 de enero de 2017

DEPORTES

Como sabedes, o novo tema a estudar foi elexido por eles, OS DEPORTES.

Grazas a vosa colaboración, xa imos enchendo o noso rincón temático de materiais diversos: bolos, raquetas, gafas de buceo, palas de ping-pong e tamén de medallas gañadas por eles, como estas de futbol, conseguidas por Mario e o seu equipo de Oza


Ademais, fixemos unha enquisa na aula para saber qué deportes PRACTICAMOS no noso tempo libre (indo a clases, ou nun equipo...), e estes son os datos recollidos:


Como vedes, os mais practicados son natación e patinaxe.

E hai 7 nenos/as que NON practican ningún deporte...



E así de ben sabemos plasmar eses datos nunha táboa de dobre entrada...

No hay comentarios:

Publicar un comentario