Grazas unha vez máis familias, pola vosa resposta e axuda!!! Como di o título, é moi fermoso aprender xunto a vos. Agora compartimos con todos as visitas destes días:
TENIS E PADEL,
con Yaneysi, a mamá de Amelie.
Observamos as diferencias entre as raquetas, as normas destes deportes e visionamos alguns videos e falamos como non, de Rafa Nadal
FUTBOL
Co pai e avó de Daniela Ares.
Descubrimos como e donde chegou este deporte ao noso pais, as suas regras de xogo, anécdotas...
Grazas á axuda do pai de Manu, tivemos a sorte de recibir ao entrenador de futbol TITO RAMALLO (entrenou ao Deportivo B e a un equipo armenio)
Con él analizamos os entrenamientos dos deportistas, o esforzo e disciplina que conleva practicar un deporte
XIMNASIA RITMICA
Coa nai de Antón, que practicou ese deporte na sua xuventude.
Aprendimos que se usan aros, mazas, cintas, e que require de moita flexibilidade e horas e horas de práctica!
MOTOCROS
Con Armando, o pai de Alejandra, que é a que esta ao seu lado con todo o equipo: casco, guantes, peto, etc...
Vimos un espectacular video dese deporte que hai que practicar con moita precaución!!
ATLETISMO
Coa mamá de Roi, que na foto esta cunha xavelina.
Explicounos todas as modalidades deste deporte:
carreiras, saltos e lanzamentos
Mostrounos o calzado cos clavos, os tacos de saida, que probamos todos!
Moitiiiiiisimas grazas a todos e agardamos impacientes os que ainda quedan!
No hay comentarios:
Publicar un comentario