jueves, 17 de marzo de 2016

BOMBEIROS

Por fin chegou o dia de ir visitar o parque de bombeiros, foi moi emocionante!!!!!

Chegamos, cantos camións!!

Quen quere ser bombeiro?

Menudas tenazas!
Iván, o bombeiro, explicounos para que usan cada ferramenta.

Todo está moi ordenado para atopar o que precisan nun momento de emerxencia.

Tamén fixeron sonar as sereas de emerxencia, fortiiisimo!!


Este é o tio de André, que é bombeiro!

Contounos que ten que estar moi en forma, facer moito exercicio e comer de todo para facer ben o seu traballo: rescatar personas.

Mostrounos o rápido que poñen o traxe, con oxixeno e todo!





Esperando a quenda para subir ao camión
 Como mola o camión dos bombeiros!

 Cando soa o sinal de emerxencia, todos os bombeiros baixan moi rápido por esta cucaña
 Nos facendo de bombeiros por un día!



Esta escaleira xigante usanna para chegar a edificios moi altos

Como vedes, pasamolo moi ben e aprendimos moitas cousas. Para despedirnos, cantamoslles a canción de bombeiros que sabemos.

miércoles, 16 de marzo de 2016

URBANISMO E VETERINARIA

Nesta semana seguimos recibindo visitas das nosas familias, como nos gustan!!!!

O luns viñeron os pais de Carolina que nos axudaron a coñecer outros aspectos do traballo dos arquitectos: o urbanismo.

Primeiro vimos todos os elementos que conforman unha cidade ou pobo: hospital, escola, tendas, estación de tren, parques, fabricas...


E logo mostraronnos cal é o mellor xeito de situalos dentro da cidade











Para rematar, nos mesmos xogamos a ser arquitectos e cada quen diseñou o noso parque preferido: a praza de Vigo!

Por si fora pouco, regalaronnos os seus cascos de obra. Moitisimas grazas!!!!

O mércores visitounos o pai de Paula, que é veterinario. Mostrounos algunhas das cousas que emprega para curar aos animais de granxa que visita: a xeringa, enoooorme, o fonendo e mesmo nos regalou unha vaca, coa sua identificación gandeira!!!!
Escoitamos os nosos corazóns

Que  atentos!!

Mañán escolleremos o nome para a nosa nova mascota.

Á volta das vacacións máis oficios!!!

jueves, 10 de marzo de 2016

NOVAS VISITAS

Esta seman recibimos novas visitas moi interesantes:

O luns veu a tia de Ángel que é pintora. Mostrounos os utensilios que emprega, fixonos un precioso debuxo e mesmo nos trouxo un ramo de flores que logo pintamos todos. Nós tamén somos algo artistas!!


O martes visitounos o pai de Helena que explicounos todo o proceso de confección de roupa. El traballa nun equipo, no que uns diseñan a prenda, outros mercan as teas, despois toman medidas das tallas, as cosen, e ¡á tenda a vendelas!



Que telas tan bonitas!!!


Tomando medidas









Logo, nos mesmos lanzamonos a deseñar a nosa propia roupa, a ver se nos contratan!!



O mércores veu a tia de Nicolás que é profe de música. Tocounos instrumentos, mostrounos as notas musicais, entonamos...


E, por último, hoxe estivo con nós, Juan, o pai de Lucas que é carniceiro. Descubrimos de onde saen os chourizos e os xamóns, que comidas tan ricas e nutritivas fanse coa carne, e mostrounos o seu enorme coitelo!!!!
GRAZAS a todos polo voso traballo, por vir contarnos tantas cousas, aprendemos moitisimo!!!

miércoles, 2 de marzo de 2016

OS OFICIOS

Como sabedes, levamos algúns días coñecendo oficios para poder axudar á bruxa Brunilda (quere deixar de ser bruxa...). Xa empezamos a recibir as visitas dalgúns pais e nais que veñen contarnos en que traballan. Que interesante o que nos contan!!!



Pedro, o pai de Manu, é xornalista deportivo. Vai a todos os partidos e entrenamientos do Depor!!

Probamos a súa  grabadora e falounos da "rotativa", e de como se fabrica un xornal.





Fran, o pai de Mario, é arquitecto.

Encantounos a maqueta que nos mostrou, tamén os planos, as regras que emprega...

Hai que estudar moito para ese traballo!!!!!


A nai de Simón traballa nunha axencia de viaxes.

Todos viaxamos un pouco esta mañá, en crucero, ata a selva, o deserto e as pirámides, China e, como non, Disneyland!!!

Temos que aforrar moito para poder mercar eses billetes...

E tamén falar moito inglés para poder entendernos polo mundo adiante.

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.