miércoles, 2 de marzo de 2016

OS OFICIOS

Como sabedes, levamos algúns días coñecendo oficios para poder axudar á bruxa Brunilda (quere deixar de ser bruxa...). Xa empezamos a recibir as visitas dalgúns pais e nais que veñen contarnos en que traballan. Que interesante o que nos contan!!!



Pedro, o pai de Manu, é xornalista deportivo. Vai a todos os partidos e entrenamientos do Depor!!

Probamos a súa  grabadora e falounos da "rotativa", e de como se fabrica un xornal.





Fran, o pai de Mario, é arquitecto.

Encantounos a maqueta que nos mostrou, tamén os planos, as regras que emprega...

Hai que estudar moito para ese traballo!!!!!


A nai de Simón traballa nunha axencia de viaxes.

Todos viaxamos un pouco esta mañá, en crucero, ata a selva, o deserto e as pirámides, China e, como non, Disneyland!!!

Temos que aforrar moito para poder mercar eses billetes...

E tamén falar moito inglés para poder entendernos polo mundo adiante.

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario