jueves, 10 de marzo de 2016

NOVAS VISITAS

Esta seman recibimos novas visitas moi interesantes:

O luns veu a tia de Ángel que é pintora. Mostrounos os utensilios que emprega, fixonos un precioso debuxo e mesmo nos trouxo un ramo de flores que logo pintamos todos. Nós tamén somos algo artistas!!


O martes visitounos o pai de Helena que explicounos todo o proceso de confección de roupa. El traballa nun equipo, no que uns diseñan a prenda, outros mercan as teas, despois toman medidas das tallas, as cosen, e ¡á tenda a vendelas!



Que telas tan bonitas!!!


Tomando medidas









Logo, nos mesmos lanzamonos a deseñar a nosa propia roupa, a ver se nos contratan!!



O mércores veu a tia de Nicolás que é profe de música. Tocounos instrumentos, mostrounos as notas musicais, entonamos...


E, por último, hoxe estivo con nós, Juan, o pai de Lucas que é carniceiro. Descubrimos de onde saen os chourizos e os xamóns, que comidas tan ricas e nutritivas fanse coa carne, e mostrounos o seu enorme coitelo!!!!
GRAZAS a todos polo voso traballo, por vir contarnos tantas cousas, aprendemos moitisimo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario